lunes, 24 de octubre de 2011

Eme2 leva a Cangas Sexo? Por que non?, coa actriz Mercedes Castro, de ‘Padre Casares’

O espectáculo represéntase o sábado 29 ás 21.00h. no Auditorio Municipal cangués


Baseada nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo e dirixida por Álvaro Lavín, esta comedia que mostra situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos


Eme2 Emoción&Arte levará o próximo sábado 29 ás 21.00h. ao Auditorio Municipal de Cangas o espectáculo Sexo? Por que non?, baseado nos textos de Dario Fo, Franca Rame e Jacopo Fo. Coa actriz Mercedes Castro  (Amelia en Padre Casares) sobre as táboas e baixo a dirección de Álvaro Lavín, Sexo? Por que non? é unha comedia trepidante na que desde Adán e Eva ata os nosos días se mostran situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental. 
O espectáculo pregúntase por que, se o sexo é algo tan central nas nosas vidas, case nunca falamos del máis que desde os complexos e o estereotipo, e faino fuxindo do chiste fácil e do bombardeo pornográfico. Un grupo de novos creadores, comandado por Lavín e Castro, faise cargo da parte artística desta aposta de Eme2.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario